Contra a directiva das 65 horas semanais, contra a escravitude capitalista
Os dirixentes sindicais deben convocar xa unha FOLGA XERAL EN TODA EUROPA
1. Só quedará tempo para traballar e durmir, como no século XIX.- Os ministros de Traballo dos 27 Estados da Unión Europea aprobaron o pasado 9 de xuño unha directiva que legaliza a xornada semanal de 60 horas; no caso de determinados colectivos ampliaríase a 65 horas. Como as 60-65 horas calcúlanse como o promedio de tres meses, a xornada laboral semanal podería chegar ata 78 horas, xa que o único que se garante son 11 horas de descanso diario. Esta Directiva é un ataque salvaxe, frontal e histórico contra a clase traballadora. Os capitalistas queren volver impoñer e legalizar as condicións laborais do século XIX.
2. Peor do que parece.- A directiva non só contempla o brutal incremento das horas de traballo, implica cousas moito peores. Segundo a Directiva o empresario poderá acordar individualmente cos traballadores a xornada laboral, á marxe do pactado nos convenios. O texto impón, polo tanto, a individualización das relacións laborais. Trátase dun ataque directo á unidade dos traballadores, á loita colectiva e ás súas organizacións. Ademais, esta Directiva non vén soa. É parte dunha ofensiva xeneral e ruidosa contra os salarios, as pensións, os gastos sociais, pola privatización de todos os servizos públicos, etc.
3. Cinismo patronal.- Calquera traballador sabe pola experiencia dos últimos anos, e ademais está probado estatisticamente, que significa o incremento das horas de traballo: máis accidentes laborais, máis enfermidades físicas e psíquicas, deterioro das relacións sociais e familiares, falta de tempo para a cultura, o deporte, etc... Malia que iso é evidente a Comisión Europea cualifica a nova lei "como un gran paso adiante para os traballadores europeos". A patronal catalá, nun exercicio de cinismo ilimitado, afirma que "en realidade é unha medida garantista", posto que introduce un tope de 60 horas. O presidente da CEOE, Díaz Ferrán, considera que " se interpretou mal" a directiva europea. A toda esta cacicada non lle importa para nada a vida dos traballadores, só lles preocupa unha cousa: preservar os seus multimillonarios beneficios en tempos de crises e de competencia salvaxe entre capitalistas.
4. Opúxose o goberno de Zapatero?- O goberno de Zapatero di opoñerse á directiva, pero de entrada o ministro Corbacho nin sequera votou NON na reunión de ministros europeos de Traballo onde se discutiu a directiva: abstívose. A calma do goberno do PSOE respecto da ampliación da xornada a 65 horas é fácil de entender pois é unha medida que vai na mesma dirección que os fundamentos da súa propia política social e económica: man dura contra os inmigrantes, contención salarial, redución de impostos para os ricos, incremento da tarifa eléctrica e dos impostos indirectos, etc. Como o goberno aceptou a lóxica do capitalismo a súa política non pode ser moi distinta á que aplican os gobernos de dereitas. De feito, conforme a crise faise máis evidente e os capitalistas presionan máis duramente para que se tomen medidas contra os traballadores, máis tira para a dereita política do goberno.
5. Dirixentes sindicais: basta xa de escusas para non facer nada!- Os principais dirixentes de CCOO e UGT dedicaron duras palabras á Directiva das 65 horas, cualificándoa como o peor ataque aos traballadores desde a creación da Unión Europea. Con todo, na práctica non están facendo nada. Ata hai que facer un esforzo moi serio de procura nos medios de comunicación e para saber que opinan. Non só non están propoñendo un plan de acción concreto senón que nin sequera están facendo unha campaña informativa nas fábricas, traballos e oficinas. Non parece que isto estea á altura dun ataque que, efectivamente, é histórico.
A cúpula de CCOO e UGT está centrando todas as expectativas no Parlamento Europeo, no que "confían" e ao que "piden sensibilidade". ¿E que razón hai para confiar nun Parlamento onde a dereita ten a maioría e que acaba de aprobar unha directiva salvaxe contra os traballadores inmigrantes, apoiada ata polos parlamentarios do PSOE? O único xeito real de obrigar á burguesía europea a retirar a directiva das 65 horas é mobilizando de forma contundente e unitaria aos traballadores de toda Europa.
6. Malestar social e disposición á loita dos traballadores.- A convocatoria dunha folga xeral de 24 horas pola retirada da Directiva das 65 horas sería recibida con entusiasmo polos traballadores de toda Europa. Está habendo mobilizacións obreiras e folgas masivas en todos os países de Europa que a prensa oculta deliberadamente: en Francia, en Portugal, en Grecia, en Dinamarca, en Suiza, só por mencionar os máis recentes. Ata na Gran Bretaña e no Leste europeo, logo de moitos anos, está habendo un repunte das loitas. Se a maioría de gobernos en Europa son de dereitas, non é pola debilidade dos traballadores, é polo fracaso dos gobernos socialdemócratas que son capaces de ofrecer unha alternativa ao desemprego, á precariedade, á perda do poder adquisitivo, etc. Pero, por abaixo, o ambiente de malestar social e disposición á loita é xeral. Aquí no Estado español, segundo datos da CEOE, medio millón de traballadores participaron en folgas no primeiro trimestre do ano, cun incremento de máis do 70% de horas perdidas. asistimos a folgas moi masivas entre o profesorado, o sector da limpeza, traballadores de Xustiza, e outros sectores tamén afectados pola crise como os transportistas autónomos, etc. Hai ambiente e forza para frear a directiva, os dirixentes sindicais teñen que deixar de poñer escusas para non facer nada, é necesario lanzar a convocatoria de folga xeral europea desde xa.
7. ¿Que se pode esperar do novo pacto social? - Facer fronte de forma consecuente contra a directiva europea implica un cambio total de política sindical. Os dirixentes sindicais están dispostos a reeditar un pacto social que en tempos de crecemento económico, é dicir, nas mellores condicións económicas posibles baixo o capitalismo, significou máis desigualdade social, perda de poder adquisitivo, superbeneficios impresionantes para unha minoría insignificante da sociedade. Se isto foi así en período de "vacas gordas", ¿que podemos esperar os traballadores do novo pacto que están negociando a CEOE, o goberno, CCOO e UGT en tempos de crises? É indignante que nunha situación de deterioro acelerado das condicións de vida dos traballadores pola crise (inflación, desemprego, deterioro da sanidade e a educación, incremento das hipotecas, etc...) os dirixentes de CCOO e UGT digan que afrontan a negociación co goberno e a patronal "sen un catálogo reivindicativo". Mentres, a CEOE está á ofensiva e non se anda con titubeos: quere unha nova reforma laboral, moderación salarial, redución dos gastos sociais, menos impostos para os empresarios, etc.
8. Sindicalismo combativo, máis necesario que nunca.- A cúpula de CCOO e UGT di que o pacto social é "máis necesario" en tempos de crises, coma se todos estivésemos "no mesmo barco" e a experiencia dos últimos anos pasase en balde. Pero iso non o pode defender ninguén salvo que estea completamente afastado das condicións e o ambiente real que viven a maioría dos traballadores ou que estea profundamente comprometido cos intereses do capital. Moitos dirixentes naturais de CCOO e UGT non pensan o mesmo, e non digamos a maioría de afiliados. O que é máis necesario que nunca é recuperar os sindicatos como instrumentos de loita contra os plans da patronal. Calquera nova reforma laboral, recorte de gastos sociais ou calquera outra retroceso que impulse a CEOE e o Goberno debería ser respondida cunha folga xeral de 24 horas.
9. O capitalismo non serve. Por unha Federación Socialista de Pobos de Europa.- En pleno século XXI, cun desenvolvemento da tecnoloxía, dos coñecementos e dos medios de produción que non teñen precedentes na historia da humanidade, o programa dos capitalistas é volver ás condicións sociais e laborais do século XIX. Apenas estalou a burbulla especulativa sobre a vivenda, empeza a especulación das grandes fortunas sobre os alimentos. Fálase moito de crise, de fame, de desemprego, pero parece que aquí non haxa culpables, ou que todos estes síntomas sexan inevitables. Isto non é verdade. Si, hai alguén que está á fronte de sistema social que só ofrece explotación, fame e miseria: os capitalistas, os grandes monopolios, a Banca, que son os que controlan as nosas vidas. Por iso, a loita por mellóraa das nosas condicións de vida está completamente ligada á loita polo Socialismo, no que os medios de creación de riqueza, a organización do traballo e do noso tempo estean baixo control dos traballadores, da maioría da sociedade, e non dun puñado de parasitos. A única Europa próspera, sen racismo, onde todos os pobos vivan en paz é unha Europa Socialista, dentro dun Mundo Socialista. Úneche á Corrente Marxista O Militante e loita connosco.
- Pola derrogación inmediata da directiva das 65 horas semanais
- Pola derrogación inmediata da directiva contra os traballadores inmigrantes
- Xornada laboral de 35 horas sen redución salarial
- Salario mínimo de 1000 euros a partir dos 16 anos
- Subsidio de desemprego indefinido ata atopar posto de traballo
- Contra a subida de prezos: escala móbil dos salarios
- En defensa da sanidade e da educación pública, basta de recortes e privatizacións
Seria cómico, se nom fosse umha flagrante tentativa de restringir a liberdade de expressom que exprime a perigosa mentalidade inquisitorial da pseudo-progressia que governa a nossa cidade.
O governo municipal compostelano acaba de enviar, por escrito, a NÓS-Unidade Popular umha surpreendente autorizaçom para organizar a VIII sessom da cacharela popular de celebraçom do solstício de Verao que tradicionalmente vimos realizando na praça do Matadouro.
Porém, nesta ocasiom, e tal como já previamente de forma oral tinha manifestado umha funcionária, a vereadora responsável da “Concellería de Mobilidade e Seguridade Ciudadá” (sic) Marta Álvarez-Santullano Fernández-Trigales, na reposta oficial enviada por escrito, autoriza o evento, mas “con proibición expresa de exhibir publicamente ningún tipo de pancarta”.
Semelha que a senhora Marta Álvarez-Santullano Fernández-Trigales, com ou sem o apoio da equipa de governo tenta impor a sua própria interpretaçom da normativa em matéria de liberdade de expressom além da já de por si restritiva e antidemocrática “Ordenança Municipal de Publicidade Estática e Dinámica”.
Exigimos umha imediata e pública rectificaçom desta decisom, que atenta contra a liberdade de expressom, e solicitamos publicamente a José Sánchez Bugallho e a Socorro Garcia, ao PSOE ao BNG, que desautorizem esta intolerável limitaçom da liberdade de expressom da nova aprendiz de Torquemada.
A esquerda independentista nunca aceitou, nem aceitará, qualquer restriçom a um direito básico como é o exercício da liberdade de expressom. Tenhamos a festa em paz!
O preso independentista galego Sánti Vigo recebeu duas paliças consecutivas no módulo de isolamento de Aranjuez
[Ceivar] , 17.06.2008, (Id: 16167)
Segundo vimos de saber através da chamada telefónica que o preso independentista Sánti Vigo fijo à sua família nesta tarde, o militante galego foi objecto no passado sábado de duas paliças a maos de quatro funcionários de prisons de Aranjuez.
/images/2008/06/16148.jpg
Xunto a estes traballadores e traballadoras, tamén acudiron a esta mobilización representantes das tres centrais sindicais presentes no comité de empresa. Esta manifestación quixo ser unha mostra máis de rexeitamento á solución que aporta a empresa para este colectivo: os traballadores, até agora todos indefinidos, serían reubicados noutros centros a través de contratacións de seis meses co 80 por cento do salario base e sen recoñecemento da antigüidade.
“Draka non se pecha”
A manifestación partiu pasadas as once da mañá da Via Norte e remataba unha hora despois diante da delegación da Xunta en Vigo, na praza da Estrela. O berro unánime de “Draka non se pecha” ecoou ao longo de todo o percorrido polas principais rúas do centro desta cidade.
O presidente do comité de Empresa, Alberto Míllara, explicou que a mobilización tamén queria por de manifesto que “os traballadores e traballadoras de Draka nos sentimos orfos e reclamamos o apoio decidido da Xunta con este tema”.
Reunión con Traballo
Por isto, ao remate da marcha, diante da sede da Xunta, o comité de empresa da planta de Draka en Mos reuniuse co delegado provincial de Traballo, Pedro Borrajo, a quen entregaron documentos sobre a súa situación actual e pedironlle que realice unha labor de intermediación para tentar solucionar o conflicto, que comezou polo anuncio do peche desta factoria.
Draka Holding NV está presente en 30 países de Europa, Norteamérica, Sudamérica, Asia e Australia, e as súas 68 compañias empregan a máis de 9.000 persoas. Draka Cables Vigo caracterizase polos seus altos niveis de produtividade e de competitividade industrial, conseguindo nos últimos anos os mellores niveis de calidade, servizo, desenvolvemento en novos produtos e innovación, de todas as plantas de Draka Holding NV no sector da automoción.
A semana pasada o Xulgado de Instrucción nº 8 de Vigo, comunicou a catro traballadores do sector naval, a apertura do xuízo oral en acción penal, polos delictos de desordenes públicos e delicto continuado de danos. Asúmesmo vénselle a requirir para o depósito dunha fianza conxunta e solidaria pola cantidade de 8.220 €.
Os traballadores acusados e que veñen a ser chamados a xuízo: Daniel Cascallar, Emilio Docampo, Xosé García e Iván Piñeiro, que foran detidos no seu día, a policía e o Ministerio Fiscal impútalle a participación nos incidentes acontecidos nas rúas de Vigo, o día 8 de maio de 2007 durante a Folga do Sector Naval, cando os traballadores esixían o cumprimento do Convenio Colectivo asinado o ano anterior.
O atestado policial e por extensión as Conclusións Provisionais do Ministerio Fiscal, poñen os pelos de punta, facía tempo que non coñecíamos de fabricación e fabulación tan escandalosa para lexitimar a acusación dos compañeiros e solicitar a suma de 4 anos de prisión para cada un dos traballadores no naval.
Estase a teorizar a petición de condena de catro anos de cadea por o suposto delicto que non cometeron (a queima de 19 colectores do lixo). Mentres no naval e no mundo do traballo en xeral séguense a producir accidentes e o que é máis grave: nin ninguén pasou polo Xulgado, nin tampouco ninguén vai á cadea.
Témolo dito unha e outra vez, a democracia borbónica tutelada, cada vez máis ensina a súa verdadeira careta do fascismo. Non nos queda máis remedio que saír á rúa outra vez.
Desde a CUT, pensamos que o día do xuízo o Sector Naval de Vigo, ten que ir á Folga en solidariedade e acompañando á: Daniel, Xosé, Emilio e Iván. Dicirlle ó Réxime que todos estamos encausados. Nese sentido, o noso sindicato dirixirase proximamente á CIG, CCOO e UGT.
No mesmo sentido, desde a CUT dicimos que non se pode permitir unha condena para o escarmento nin que dos petos dos compañeiros saia un só euro para manter aos de sempre. A colecta obreira terá que responder ata as últimas consecuencias.
SOLIDARIEDADE CON: DANIEL, XOSE, EMILIO E IVAN.
Segundo vimos de saber através da chamada telefónica que o preso independentista Sánti Vigo fijo à sua família nesta tarde, o militante galego foi objecto no passado sábado de duas paliças a maos de quatro funcionários de prisons de Aranjuez.
FPRIVATE "TYPE=PICT;ALT=Imagem exterior do centro penitenc"
Imagem exterior do centro penitenciário de Aranjuez.
As malheiras produzírom-se consecutivamente trás o vis familiar mantido com a sua mae e irmao no dia 14 e afectárom de forma generalizada o corpo de Sánti Vigo (cabeça, tórax, braços, etc.). Esta agressom motivava a suspensom por parte do cárcere da visita no loqutório à que Vigo tinha direito no dia seguinte.
O militante galego tivera vis-a-vis familiar no sábado. Trás rematar o tempo de comunicaçom, quatro carcereiros de Aranjuez exigiam ao prisioneiro político que se espisse de arriba abaixo para ser revisado “por razons de segurança” (sic). Ante tal petiçom, o preso exigiu umha bata com a que cubrir-se. Contodo, a deposiçom dos seus objectos pessoais sobre umha mesa e o espido integral nom fôrom suficientes para os quatro carcereiros que manifestárom que “ahora queremos ver-te el culo”. A negativa de Vigo a este trato humilhante deu lugar a que os funcionários ciscassem as suas pertenças polo chao e procedessem a dar-lhe a primeira paliça.
A segunda produzia-se umha vez que o prisioneiro independentista era conduzido para o módulo de isolamento. Ali, carcereiros de Aranjuez agredírom novamente Sánti Vigo, que recebeu punhadas e pancadas de forma generalizada por todo o corpo. Segundo a informaçom recebida, os carcereiros rachárom a roupa do preso galego que estivo nessas condiçons no módulo de isolamento durante aproximadamente três dias. De volta para o ‘Módulo de Menores’ em que está recluido habitualmente junto ao prisoneiro político galego José Manuel Sanches, Vigo foi ameaçado polo Chefe de Serviços de que “como denuncies, vas por falso testimonio”.
Tentativa institucional continuada
de linchagem física e psicológica
Até aqui os factos objectivos, dos que informamos com a extensom que permitem os cinco minutos da chamada telefónica feita polo preso independentista nesta tarde, trás regressar do módulo de isolamento para o de ‘Menores’ e recuperar o direito às mínimas comunicaçons de que desfrutam tanto ele quanto José Manuel Sanches.
Contodo, esta descriçom é insuficiente sem interpretar as circunstáncias que envolvem as agressons. Sánti Vigo já foi objecto da violência desde o seu ingresso no ‘Módulo de Menores’ de Alcalá-Meco. Violência que afectou tanto ele quanto o prisioneiro político José M. Sanches e que contou com a mais absoluta toleráncia por parte da direcçom do centro penitenciário madrileno. Na semana passada, ambos militantes recebiam umha comunicaçom oficial segundo a qual os vises familiares que realizam habitualmente nas fins-de-semana passavam para dia laborável (olhar denúncia de Ceivar em notícias anteriores).
Agora, a passagem da acossa e a pressom psicológica para a agressom física directa implica um salto qualitativo por parte da direcçom da prisom de Aranjuez e delata o crescendo repressivo que ‘Instituciones Penitenciarias’ está a aplicar aos presos independentistas galegos. Sánti Vigo é agredido por defender a sua dignidade, por nom deixar-se humilhar nem aceitar tratos vejatórios dos profissionais da violência, por manter a sua independência de critério e a sua identidade pessoal e política numha instituiçom que tem como única finalidade o submetimento total e a despersonalizaçom dos reclusos que diz querer “reinsertar”.
Iniciativas de resposta
Após conhecer-se estas informaçons, os comités comarcais do organismo popular anti-repressivo em diversas localidades do País iniciárom umha campanha para dar a conhecer as agressons a Sánti Vigo. Igualmente, a situaçom pujo-se em maos dos nossos advogados, que tomarám as iniciativas jurídicas necessárias para denunciar os factos e colocar entraves ao que aparenta ser umha escalada repressiva em toda regra contra os presos independentistas galegos em Aranjuez.
Apelo colectivo
Apelamos finalmente às organizaçons independentistas de toda classe, à militáncia nacionalista, aos meios comprometidos com a liberdade, aos e às democratas e aos organismos de defesa das liberdades democráticas e os direitos humanos a fazer pública em paralelo a sua própria denúncia destas agressons e pomo-nos à sua disposiçom para alargar qualquer informaçom. O silêncio é, como sempre, a maior garantia para a impunidade da violência institucional e é por este motivo que chamamos a levantar a voz colectivamente.
Refletir, por último, sobre a actual estratégia repressiva do PSOE, que bate na rua contra os protestos sociais, impom sançons de milhares de euros, judicializa e militariza a mobilizaçom popular, etc., enquanto, simultaneamente, incumpre a sua própria normativa penitenciária espanhola para impor a dispersom, a vulneraçom dos direitos mais elementares das pessoas presas e o emprego da violência para submeter as identidades e militáncias políticas que questionam o actual status quo.
Dizer apenas, mais umha vez, que a repressom nom nos calará, que a judicializaçom do nosso trabalho por tribunais especiais dentro dos paradigmas repressivos em vigor segundo os quais "todo é terrorismo" nom vai lograr o ansiado silêncio da nossa palavra e a nossa prática e que qualquer agressom contra os nossos presos e presas será contestada e difundida por todos os meios possíveis para que @s que ainda nom a conhecem comezem a visualizar a verdadeira natureza do Estado espanhol e dos seus actuais gestores 'socialistas'.
LIBERDADE PRES@S INDEPENDENTISTAS GALEG@S!
A DISPERSOM TAMBÉM É TORTURA!
PSOE FASCISTA!
SOLIDARIEDADE COM @S PATRIOTAS PRES@S!
Galiza: o campo de golfe de Europa
À marbelhizaçom do litoral, às minicentrais, às eólicas, ou à poluiçom ambiental, há que somar, desde há uns anos, um outro factor que contribui com pasos de gigante à destruiçom do território: os campos de golfe.
Por se a situaçom actual nom fosse já preocupante, nestas últimas semanas deu-se um paso mais na colonizaçom da terra a maos das classes mais altas e estrangeiras. O presidente da IAGTO (Associaçom Internacional de Touroperadores de Golfe) ficou francamente surpreendido, trás a visita ao nosso país, do “potencial golfístico” que este presenta. Segundo o seu critério, Galiza é o lugar mais apto para a prática de golfe que jamais viu nos seus onze anos de trabalho: três aeroportos para cubrir umha zona nom demasiado grande, qualidade nas instalaçons hoteleiras, e, polo de agora -pontualiza-, nom demasiado massificado. Tam espantado ficou com a nossa terra que a conversom da Galiza no macro-campo de golfe de Europa tem já data: apenas dous anos. De facto, tanto a Conselharia de Turismo como a IAGTO tenhem em mente a criaçom do “Caminho do Golfe” (umha iniciativa semelhante à traçada em 1997, a “Ruta Celta do Golfe”), um projecto que consiste em umha ruta polos campos da Galiza e, acorde com a classe social dos golfistas, a estância nos melhores hoteis e balneários do país.
El constitucional obliga a Atento a readmitir a Paula, la compañera despedida en Coruña hace cuatro años
04.11.08
Cuatro años después de que la empresa Atento despidiese a la compañera Paula Ventureira, trabajadora de A Coruña y afiliada a la CGT, el Tribunal Constitucional ha decidido revocar la sentencia del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia y la posterior del Tribunal Supremo que consideraban el despido improcedente, en contra de lo sentenciado por el Juzgado de lo Social número 4 de A Coruña, que lo había estimado nulo.
La sentencia admite el recurso de amparo en todos sus términos y le da un fuerte varapalo al Superior de Xustiza de Galicia, llegando a decir que no sólo desvirtuó los hechos probados, sino que aceptó como hechos los declarados no probados por el juzgado de lo social. Resuelve, asimismo, que la sentencia no fue respetuosa con la tutela judicial efectiva, quedando, por lo tanto, el despido declarado nulo y obligando a la empresa a la readmisión de Paula.
Esta sentencia supone una bofetada a la prepotencia de Atento y Telefónica y a las prácticas habituales de las empresas del sector, una satisfacción para el Sindicato y un acicate para que los trabajadores del sector, que vemos vulnerados nuestros derechos cotidianamente, nos enfrentemos decididamente a las agresiones de la patronal.
Si quieres ver la sentencia, pica aquí
A tódolos traballadores, a tódala ciudadanía.
02.11.08
A empresa GAINCA VOZ Y DATOS, S.L. despediu ao traballador Xurxo Gómez, compañeiro militante da CGT.
Xurxo iniciou a súa relación laboral con GAINCA o 6 de agosto de 2007 e o día 17 de marzo de 2008 sufriu un accidente laboral do que aínda recibe asistencia sanitaria na unidade de neurocirurxía.
Dende o principio da baixa, GAINCA presionou ao traballador para que se reincorporase ao traballo. Ante esta presión, Xurxo dirixiuse ao INEM para saber si tiña algún contrato en vigor (pois el non tiña firmado ningún contrato de traballo). A Directora da ofi cina do INEM lle respondeu que non, e que a súa situación pasaba a ser de contrato indefinido.
Dez días máis tarde, GAINCA entregou na oficina do INEM un contrato temporal que remataba o 5 de maio de 2008. GAINCA falsifi cou a fi rma do traballador neste contrato e Xurxo así llo fixo ver á empresa o día 21 de abril de 2008, cando llo amosaron para forzalo, unha vez máis, a que se reincorporara ó traballo aínda que non estivese en condicións de poder facelo sen arriscar gravemente a súa integridade física.
¿Por qué tanto empecinamento de GAINCA en que Xurxo se incorporara ó traballo sen estar curado? Porque Xurxo Gómez é o único escalador que teñen na plantilla e prefi ren rebentalo antes que contratar a outro. Esta dura realidade é a que se esconde detrás da bonita propaganda de “R”.
Xurxo Gómez resistiu esa chantaxe e o día 2 de maio de 2008 denunciou os feitos ante a Inspección de Traballo. O día 20 de maio, GAINCA despide a Xurxo por “disminución continuada y voluntaria en el rendimiento de trabajo durante los meses de febrero, marzo y abril de 2008”. (Dende o 17 de marzo Xurxo está de baixa polo accidente laboral)
O Informe emitido pola Inspección non deixa dúbidas:
“… a) La relación con la empresa GAINCA es de carácter indefi nido. Así mismo el Inspector de trabajo estima que … su despido es nulo.
b) Dada la falsificación de su firma en el contrato de trabajo, dicha falsifi cación puede caer dentro del ámbito de lo penal.
Se levanta a la empresa acta de infracción por estimarse fraude de ley en el contrato temporal registrado el 17-04-08”
Pese a claridade dos feitos, o Xuíz de instancia declarou o despido improcedente, afirmando que non podía ser nulo porque a empresa xa tiña decidido o despido antes da denuncia na Inspección de Traballo. (¡Ai! ¡As entendedeiras da súa señoría!). A sentencia está recorrida diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Prácticas mafiosas:
Quen firmou o contrato de traballo (coa falsa firma de Xurxo) foi o Xefe de Persoal de Gallega de Infraestruturas del Cable SL. Esta empresa e GAINCA fan os traballos de R Cable y Telecomunicaciones de Galicia SA. Os traballadores destas empresas desprázanse en vehículos co anagrama de “R”, a súa roupa de traballo os identifica como de “R”, etc. etc…. pero están baixo as condicións das contratas.
Estas condicións de indefensión permanente dos traballadores, con ou sen contrato, sen recoñecemento de categorías profesionais, coa chantaxe constante da temporalidade … que si reclamas ou esixes non se che renova o contrato, pero si calas ou renuncias has de seguir traballando para “R”, etc.. etc. ¡Así están medrando os benefi cios de “R”!
Nós estamos aquí, concentrados diante de “R”, para esixirlle que impoña a readmisión do compañeiro Xurxo Gómez. Que remate esta inxustiza e que poña fin ás prácticas mafiosas das súas contratas para cos seus traballadores.
Tamén estamos aquí para rematar coa situación de angustia que vive o traballador, o noso compañeiro Xurxo Gómez. Despedido, en tratamento de neurocirurxía polo accidente laboral sufrido, con familia que manter (ten unha filla de 8 anos) …
¡¡ GAINCA E GALLEGA DE INFRAESTRUCTURAS AVASALLAN E DESPIDEN,
“R” MEDRA E INCREMENTA OS SEUS BENEFICIOS … !!
¡¡ NON PERMITAMOS ESTES ABUSOS !!
¡¡ NIN DESPIDOS, NIN REPRESIÓN !!
Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos das principais cidades e vilas galegas.
- Ferrol: Edificio do Concello.
- Mugardos - Edificio do Concello.
- Vigo: Edificios Administrativos da Xunta.
- Compostela.
- A Coruña.
- Ribadavia. Concello de Rivadavia.
Baixo o lema "Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende" os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.
Manifesto 13 NOVEMBRO. Rede Galiza non se Vende
Hai seis anos un barco-lixo carregado de fuel-lixo viaxaba de Europa a África. Un accidente fronte às costas galegas foi transformado en catástrofe por gobernantes incapaces e autoritarios, agachados tras a propaganda e a mentira. A cidadanía saíu á rúa como nunca antes fixera. Non se podía repetir esa destrución ambiental. Non se podía repetir esa forma de gobernar.
Apoiada naquela vaga de dignidade cidadá, a mudanza acabou por chegar ao goberno autonómico. Custou traballo ventilar aquela apodrecida Elsinor. Agora, seis anos máis tarde, o pantasma do pai de Hamlet vaga desacougado polos corredores pedindo vinganza. Mudou o goberno, pero... mudaron as políticas?
Non é a primeira vez que se conmemora tan fatídico día. Hoxe tamén hai acto oficial: forma parte dun ritual cínico, no que só se bota a vista atrás para seguir tirando proveito daquela traxedia á que non se debería chamar accidente. Claro que non debemos esquecer. Nós tampouco esquecemos. Non esqueceremos nunca como centos de milleiros de galeg@s berramos NUNCA MÁIS, convencidos de que de alí en diante algo había mudar definitivamente.
Que pouco aprendemos daquela experiencia! Neste novo 13 de Novembro denunciamos que temos dentro un perigo moitísimo maior, con efectos que son calquera cousa menos “accidentais”.
Porque se gravísimos, case irreparables, foron os danos provocados por aquela catástrofe, non menores son os que cabe agardar das políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.
Pero ben lonxe de marcar claramente distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, o goberno “bipartido” da Xunta de Galicia seguíu apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galicia e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de todo o sistema económico que, baixo a etiqueta de progreso, o que fai é vender os nosos recursos ás grandes transnacionais, hipotecando o noso futuro e atacando as bases da nosa propia soberanía.
Denunciamos con toda contundencia:
*
Recheos inxustificados e alarmante contaminación urbana e industrial nas rías
*
Degradación dos ríos por contaminación e encoros
*
Plan acuícola devastador de costa virxe
*
Plan de portos deportivos privatizador e destrutor da costa
*
Plan eólico deseñado para os intereses empresariais
*
Plan de minaría destrutor do rural e cuestionábel rehabilitación de zonas mineiras mediante a construción de megalagos (Meirama, As Pontes)
*
Degradación continuada do Courel, Ancares e Trevinca
*
Urbanismo masificador e salvaxe
*
Industrias perigosas e contaminantes: Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Alcoa, Megasa, Meirama, SOGAMA, Ferroatlántica, Carballeda de Avia, etc.
*
Plan de residuos destrutor de chan rústico e ambientalmente inviabel
*
Proliferación desmesurada de polígonos industriais sen planificación
*
Plan de vivenda protexida especulativo pensado para os promotores
*
Plan de estradas sobredimensionado e irracional
*
Plan Vigo Íntegra deseñado para as construtoras
*
Directrices de Ordenación do Territorio ilegais feitas sen contar coa participación cidadán
*
Modelo de transporte insostible e destrutor (TAV, transporte privado..)
*
Abandono do rural, eucaliptización e desmantelamento da agricultura e gandería
*
Intento de desmantelamento do sector pesqueiro ( Lei de Pesca)
*
Desprotección insultante do medio natural e da Rede Natura
*
Degradación acelerada da paisaxe, desaparición de espazos singulares (Fragas do Eume, Covas do Folón, Gándaras de Budiño..)
*
Falta de compromiso real na recuperación dos núcleos históricos das vilas
*
Desprezo ao patrimonio cultural (V.A.C. Costa da Morte, A-76, destrución de castros..), despilfarro no Gaiás
*
Plans urbanísticos masificadores e especulativos e áreas metropolitanas depredadoras e desestruturadoras do territorio
*
Control interesado dos medios de comunicación e amordazamento das opinións críticas
*
Desprezo ao ben común, parcialidade interesada cara ao gran capital
*
Cultivo do clientelismo electoral
*
Parcialidade do estamento xudicial e desprotección do débil
E fronte a isto esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva... Que supere o actual sistema (auto)destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.
Goberne quen goberne, Galiza non se vende!
Terra viva e vida digna para tod@s!
Perante os factos acontecidos trás os juízos de militantes independentistas em Madrid, do organismo popular anti-repressivo Ceivar queremos partilhar com o nosso povo umha série de análises e precisons para que sejam conhecidas e valorizadas por ele:
1º Manifestamos a nossa profunda satisfacçom pola liberaçom às 21:00 h. do dia 10 de novembro de 2008 da militante independentista galega Giana Gomes, encarcerada sem juízo desde 26 de Julho de 2005 e dispersada ilegalmente a centos de quilómetros do País desde essa data. Rematam com esta excarceraçom 3 anos, 3 meses e 15 dias de prisom sem juízo, de deportaçom ilegal e de extensom da repressom ao seu contorno familiar e social. Recordamos aliás que Giana Gomes estivo presa 3 meses e 15 dias mais do tempo à que foi sentenciada graças ao actual regime de “prisom preventiva”. Semelhante satisfacçom pola excarceraçom provissória às 20:00 h do dia 12 de novembro de 2009 do militante independentista galego Ugio Caamanho Sam-Tisso, na mesma situaçom de prisom preventiva e dispersom que Giana Gomes desde aquele 26 de julho de 2005.
2º Igualmente, exprimimos umha significativa satisfacçom polo facto de que as condenas ditadas em Madrid contra Giana Gomes e Ugio Caamanho sejam muito inferiores às petiçons de 19 e 21 anos de prisom solicitadas pola Fiscalia espanhola, que apontavam como possíveis condenas finais. Ficando reduzidas a umha condena de prisom de 3 anos por danos coa finalidade de subvertir a orde constitucional e inabilitaçom absoluta polo tempo de nove anos, e nove meses e um dia de multa com quota diária de seis euros por furto de uso de viatura a motor, no caso da patriota galega. E de 4 anos e 9 meses polos delitos anteriores e aliás polo delito de falsidade em documento oficial no caso do patriota. Esperamos mostrar-nos satisfeitos também pola sentença, se nom prospera o recurso de competência, que dite o tribunal de excepçom nos próximos dias ou semanas para a terceira patriota julgada em Madrid, Maria Bagaria Frá.
3º Apesar do inesperado cenário que surge após esta sentença, mantemos a análise e a interpretaçom exposta desde o momento em que se fixou a data do juízo e se iniciou a campanha nacional de solidariedade com @s independentistas julgad@s nos tribunais de excepçom: o processo judicial de que fôrom objecto Ugio Caamanho e Giana Gomes e o tribunal que o praticou som inteiramente políticos, respondem a directrizes políticas e perseguem objectivos também políticos.
4º Achamos que, apesar de que a sentença ditada polo tribunal sucessor do TOP franquista poda ser qualificada como “benigna” à vista das hipóteses que estavam em jogo de partida, responde a um meditado cálculo político das autoridades espanholas que nom nos corresponde a nós interpretar. Consideramos, no entanto, que neste momento político concreto, essas autoridades, valorizando múltiplos factores políticos e sociológicos, descartárom aplicar umha estratégia de assanhamento repressivo e reservam para melhor momento estratégias de exemplarizaçom. O critério é, portanto, conjuntural e de mera eficácia repressiva. Da nossa óptica, a sentença, é um “amago” parcial da estratégia repressiva do Estado no combate permanente que sustenta contra a construçom e expansom social do movimento independentista galego.
5º Queremos apelar à atençom da sociedade galega para denunciar que dous independentistas galegos continuam presos sem juizo e deportados ilegalmente a centos de quilómetros da Galiza, vendo vulnerados dia-a-dia os seus direitos como pessoas e como prisioneiros políticos. Junto à alegria pola liberdade e a repatriaçom da Giana Gomes e Ugio Caamanho, os nossos coraçons e as nossas reivindicaçons no dia de hoje seguem estando com os que ficam longe e presos e com a exigência de que nengum galego nem nengumha galega sejam privados de liberdade e de direitos por luitar para que a Galiza seja algum dia a naçom livre, independente e socialista que Espanha nega.
6º Queremos destacar e parabenizar a quem figêrom que a dinámica de solidariedade nacional iniciada desde Julho de 2005 com o preso e a presa independentista e, sobretodo, a quem figerom que a intensa campanha de denúncia dos processos de Madrid desenvolvida em toda a Galiza por dezenas de cidadáns e cidadás galegas nas últimas semanas foram um modesto mas digno sucesso.
7º Finalmente, chamamos a todos os independentistas e as independentistas galegas a nom retroceder ante a repressom, a denunciar os tribunais de excepçom e ser um bloco ante a coacçom e repressom estatal, a seguir trabalhando a diário na construçom nacional e social deste País e na luita para conquistarmos, entre todos e todas, um cenário verdadeiramente democrático para o nosso povo onde a repressom nom tenha cabimento e onde todos os direitos individuais e colectivos, sem excepçom, começando polo inviolável direito que nos corresponde aos galegos e as galegas à livre autodeterminaçom, se vejam reconhecidos e exercidos em liberdade
LIBERDADE PATRIOTAS GALEG@S!
LIBERDADES DEMOCRÁTICAS PLENAS!
STOP REPRESSOM POLÍTICA!
VII Xornadas Libertarias en Ferrol
Organizadas por Unión Libertaria celébranse entre o 17 e o 21 de Novembro no Espazo Libertario de Ferrol na Av. de Esteiro 10 Baixo ás 20:00h
Programa:
Luns17:
* Miguel Íñiguez fará a presentación da Enciclopedia Histórica do Anarquismo Español.
Martes 18:
* Crise, autoxestión e iniciativas sociais
Participan: Cooperativa cultural Ferrolterra-Eume, cooperativa de consumo A Xoaniña, Ferroltroca, Radio Filispim, Masa Crítica
Mércores 19:
* Carmen Blanco presentará o monográfico da revista Unión Libre "A voz das vítimas do 36"
Xoves 20:
* Acto homenaxe ás victimas do franquismo diante do antigo cemiterio de Canido
Venres 21:
* Charla coloquio con Lucio Urtubia, albanel e militante anarquista protagonista do documental "Anarquista, atracador y falsificador pero sobre todo... albañil"
PROGRAMA ESKORIA http://www.stickam.com/viewMedia.do?mId=181920650

Depois dumha tímida apariçom no Natal passado, o Apalpador ganha o seu espaço graças ao labor dos Centros Sociais. A Gentalha do Pichel, promotora da recuperaçom nas ruas, programa actos para que o carvoeiro seja reconhecido. Até o momento, temos notícia também de que os centros sociais de Lugo, Ponte Vedra, Ponte Areas, Vigo e Ferrol participam da campanha. Por chegar, a reinvindicaçom chega ao Berzo, umha das comarcas originárias do Apalpador. A associaçom Fala Ceive manifesta que pulará pola recuperaçom.

Ilustraçons do carvoeiro, postais para enviar a familiares e amizades, conselhos anticonsumistas (apoiados por entidades como ADEGA)...e este ano, passa ruas. Em datas ainda por determinar, o carvoeiro das serras orientais percorrerá as ruas de várias cidades da Galiza, espertando ao seu passo grande controvérsia. Umha ledice imensa para as pessoas identificadas com a cultura do país e o processo de construçom nacional, e umha fúria mal dissimulada nos inimigos do património galego. "Ánsias diferenciadoras", "folclorismo", "invençom da tradiçom"...som algumhas das expressons utilizadas sobre esta nova figura. Esquecendo, claro é, que a tradiçom é sempre reelaborada e reinventada, é que quiçá tenha mais sentido que a reinvente o movimento popular que a Coca Cola ou Adidas.
Em qualquer caso, e baixo a vaga de consumismo e colonizaçom desaforada que supom o natal na nossa sociedade dos centros comerciais, um carvoeiro chegado das serras do leste vai propor algumha cousa diferente. Seguiremos a informar.
O passado mércores 26-N tivo lugar o debate da Proposiçom nom de lei para a declaraçom de Galiza como zona livre de transgénicos. A Plataforma Galega Antitransgénicos -formada por mais de vinte colectivos- tentou ejercer pressom no debate e organizou umha acçom-protesta no exterior.
O texto aprovado no Parlamento nom se compromete em absoluto na defessa da soberanía e seguridade alimentar nem na protecçom fronte as patentes de sementes modificadas genéticamente que estám-lhe a proporcionar o control da alimentaçom mundial a algumhas industrias transnacionais. O pacto considéra-se papel molhado já que permite o cultivo com fins de investigaçom.
Queremos a nossa terra livre de transgénicos.Queremos ter o control sobre as nossas vidas.
O diario conservador El País ( http://www.elpais.com/articulo/internacional/Cientos/griegos/protestan/calles/muerte/joven/manos/policia/elpepuint/20081207elpepuint_3/Tes ) afirma que o sábado 6 de diciembre, "un axente disparou a un xoven de 15-16 anos cando intentaba lanzar un cóctel molotov contra un autocarro patrulla", pero fontes alternativas non mencionan isto en ningún intre.
Testigos indicaron que só houbo unha discusión verbal entre un grupo de xóvenes e os dous axentes policiales. A continuación, un policía disparou directamente contra un deles.
Según informaciones difundidas en Indymedia Atenas ( http://athens.indymedia.org/front.php3?lang=en&article_id=933285 ), un autocarro de policia estaba patrullando unha rúa céntrica do barrio de Eksárjia (pleno centro de Atenas). Eksárjia é un barrio cheo de historia e de loita social ao longo das derradeiras décadas. Durante os fines de semana multitude de xóvenes están nos bares da zona.
Así mesmo, varios medios ( http://www.nationalpost.com/news/world/story.html?id=1043043 ) mnencionan que nese barrio "habianse producido con anterioridade enfrentamentos entre a policía e grupos anarquistas", e é posible que o xoven asesinado estivera vinculado a colectivos libertarios( http://www.indymedia.org.uk/en/2008/12/414458.html ).
A axencia anarquista Infoshop News ( http://news.infoshop.org/article.php?story=20081206175348101 ) afirma, tambén, que o xoven asesinado era anarquista.
Algunas fontes ( http://www.indymedia.ie/article/90111 ) aseguran que a presencia policial no barrio Eksárjia pudo entenderse como unha provocación por parte dun grupo de xovenes que, ao parecer, empezaron a increparlos. Poco despois, "unha botella vacía ou un brick" foi lanzado contra o asutocarro, tralo cual os axentes baixaronse en actitude agresiva e chulesca. Instantes máis tarde un policía desenfundou seu arma e disparou a un xoven duns 15-16 anos no corazón, o cual cando o levaron ao hospital central de "Evangelismos" xa estaba morto. O disparo realizouse a moi corta distancia.
Xusto despois do asesinato, desataronse fortes disturbios no barrio de Eksárjia, mentres multitud de xente concentraronse no hospital impidiendo a entrada da policía. Tamén producironse incidentes en Iráklio-Creta e Tesalónica.
Resposta en toda Grecia
Tras a muerte dun xoven de 16 anos por un disparo policial, na madrugada extendieronse os disturbios e protestas a otras rexiones de Grecia, informaron medios locais.
Centos de xovenes realizaron unha manifestación en Tesalónica, a segunda ciudad máis grande de Grecia. Tamén producironse protestas nas ciudades de Komotini e Ioannina, no norte do país, así como na isla de Creta.
Os manifestantes arroxaron obxetos contra bancos e grandes almacenes, como forma de sinalar ao enemigo, e incendiaron botes de lixo e barricadas cando a policía intentou reprimirlos.
O centro de Atenas foi escenario de forte respostas, rompieronse escaparates e incendiaronse vehículos. Ante este panorama, a Policía enviou reforzos a zona e reprimiu facendo uso de gas lacrimóxeno, balas de goma e bastonazos. O tránsito foi clausurado no centro da cidade e os locais da zona pecharon as sus portas.
Colectivos anticapitalistas están realizando chamamentos á movilización.
preso independentista galego Sánti Vigo ingressa no módulo de isolamento. |
04/12/2008 | Segundo nos comunicou o próprio Sánti Vigo desde a prisom de Aranjuez, onte, quarta-feira 3 de Dezembro, seria transferido para o módulo de isolamento por espaço dumha semana. A reclusom de Sánti neste módulo de castigo, onde já estivera três dias por este assunto, é produto da agressom que ele próprio sofreu a maos de carcereiros o 14 de junho de 2008.
O militante galego fora objecto dumha tunda a maos de quatro carereiros de Aranjuez. A malheira produziu-se trás o vis familiar mantido com a sua mae e irmao e afectárom de forma generalizada o corpo de Sánti Vigo (cabeça, tórax, braços, etc.). Esse dia quatro carcereiros de Aranjuez exigiam ao prisioneiro político que se espisse de arriba abaixo para ser revisado “por razons de segurança” (sic). Ante tal petiçom, o preso exigiu umha bata com a que cobrir-se. Contodo, a deposiçom dos seus objectos pessoais sobre umha mesa e o espido integral nom fôrom suficientes para os quatro carcereiros que manifestárom que “ahora queremos ver-te el culo”. A negativa de Vigo a este trato humilhante deu lugar a que os funcionários ciscassem as suas pertenças polo chao e o conduziram a isolamento, onde foi agredido. Esta agressom motivava a suspensom por parte do cárcere da visita no loqutório à que Vigo tinha direito no dia seguinte. Como acontece acotio em casos de agressons de carcereiros a reclusos, Sánti, além de receber esta agressom recebeu umha sançom de dez dias de isolamento por parte da direcçom da prisom, constatando que ele fora o verdugo e nom a vítima Sendo também ameaçado polos carcereiros com ser denunciado se ele fazia o próprio. Na altura o advogado do prisioneiro político galego apresentara denúncia por agressom no julgado de Aranjuez, sendo desestimado nesta instáncia foi elevado recurso ante a Audiencia Provincial, tribunal no que se encontra o caso neste momento. Refletir, por último, sobre a actual estratégia repressiva do PSOE, que bate na rua contra os protestos sociais, impom sançons de milhares de euros, judicializa e militariza a mobilizaçom popular, etc., enquanto, simultaneamente, incumpre a sua própria normativa penitenciária espanhola para impor a dispersom, a vulneraçom dos direitos mais elementares das pessoas presas e o emprego da violência para submeter as identidades e militáncias políticas que questionam o actual status quo. De Ceivar animamos a toda a gente a dununciar a repressom e a mostrar a sua solidariedade com os pratriotas galegos presos em Aranjuez enviando telegramas, postais ou cartas ou de qualquer outra forma e expressom.
SANTIAGO VIGO DOMINGUEZ Centro penitenciario Madrid VI Ctra. Nacional 400 km. 28 28300 Aranjuez Madrid
JOSÉ MANUEL SANCHEZ GORGAS Centro penitenciario Madrid VI Ctra. Nacional 400 km. 28 28300 Aranjuez Madrid |
|